lunes, 19 de octubre de 2026

SEXUALIDADE EN IGUALDADE CON LUCÍA PEREDA 2

 O luns, 19 de outubro, volveu Lucía Pereda para facer a segunda parte deste taller con nós.

Primeiro lemos o libro "Tú cuerpo es tuyo", despois falamos sobre el. Tamén xogamos a saudarnos de distintas maneiras e falamos do como nos sentimos nese momento.

Por último, anotamos as persoas con quen podemos falar se nos ocorrese algunha destas situacións...










TALLER "AS ÁRBORES DE PONTEVEDRA"

 O mércores, 14 de outubro, veu Gemma de Corticata para explicarnos moitas cousas sobre as árbores do noso concello.

Contounos que o concello plantou 101 árbores repartidas polas rúas da cidade. Algúns destes exemplares son ORNAMENTAIS. Gemma tamén nos ensinou a diferencia entre  árbores AUTÓCTONAS e ALÓCTONAS.

Despois do recreo fixemos xogos para ver o atentos que estivéramos á súa explicación. 

FOI UN DÍA MOI CHULO!





miércoles, 14 de octubre de 2026

SEXUALIDADE EN IGUALDADE CON LUCÍA PEREDA

 O venres, 9 de outubro, Lucía Pereda traballou co alumnado de 4º de Educación Primaria un tema moi importante nestas idades: A SEXUALIDADE.

Non se debe xulgar a ninguén polas apariencias nin facer comentarios do seu físico foron algunhas das cousas que aprendemos.