jueves, 4 de junio de 2026

XINCANA IGUALDADE

O martes, 2 de xuño, Cris veu facer con nós unha xincana de igualdade.

O pasamos moi ben e aprendemos moito!!











CERTAME DE POESÍA

 O xoves, 21 de maio, celebramos no colexio o Certame de Poesía. De cada clase houbo tres gañadores...





SAÍDA A CORTEGADA

 Despois de traballar aspectos do noso relevo, a saída de fin de curso de 3º de primaria foi á illa de Cortegada. Tiñamos unha planificación previa pero debido ao mal tempo desa mañá houbo algún cambio.

Ao chegar a Carril, baixamos do autobús e fomos cara o porto. Debido a que o mar non estaba moi en calma, os nosos monitores aconselláronnos ir cara a praia de Compostela e pasar alí a mañán. Unha vez que o mar se calmou, a marea baixara e tiñamos que esperar a que subira outra vez.

Alí na praia fixemos xogos e tamén deixamos as nosas esculturas.

Despois de comer, recollemos todo e volvemos cara o porto de Carril para cruzar a Cortegada en lancha.

A viaxe gustounos moito (e iso que durou moi, moi pouco).

Unha vez en Cortegada deixamos as nosas pertenzas na capela da Virxe dos Milagros e fixemos un pequeno roteiro. Primeiro fomos ver o resto das illas que compoñen este arquipélago (as Malveiras, a Grande e a Pequena; as Briñas e o Con), despois fomos ver os restos dun gran hórreo e o poboado. Nesta illa viveu xente ata 1910. Por último coñecemos algunha das aves e animais que alí viven. 

Chegamos de volta ao colexio moi tarde pero o pasamos XENIAL!!