viernes, 10 de mayo de 2024

FAMILIAS NA ESCOLA

 Nestas semanas , as nosas familias seguen a traernos actividades moi interesantes, coas que os nenos e as nenas están a desfrutar moitísimo.

A familia de Daniela A. propúxonos dar unha pequena volta polo mapa, fomos de Pontevedra a Ansterdan pasando por Valencia. Para facer este percorrido coñecemos o OZOBOT, un pequeno robot moi interesante e con moitas posibilidades.


Tamén, quedaron abraiados co cohe de carreiras que nos ensinou a familia de Sofía G.. Súper interesados en coñecer cada unha das partes do coche e, por suposto, en montar dentro do coche.




Moitas gracias familias por facelo posible.


jueves, 2 de mayo de 2024

DEPORTE EN PRIMEIRO

 Estas semanas están cheas de actividade física.

Tivemos diversas propostas onde desfrutamos dos nosos límites, das nosas fortalezas... coñecemos e escoitamos o noso corpo e, sentimos a importancia de ser nós mesmos, con respecto e armonía.



Tamén, desfrutamos dun momento de relaxación, sentindo o sol e o vento no noso corpo.





Ademais, saimos a coñecer e aprender doutros nenos e nenas, compartindo unha xornada de xogos cooperativos.
Fomos quen de desfrutar cos demais, respetando as diferenzas, facendo amizades... e, como non, de seguir coñecendo a nosa contorna.
Moitas grazas a todos e todas.

jueves, 25 de abril de 2024

Coñecendo a nosa contorna.

 Hoxe fomos de visita ao redor do noso cole a descubrir de ónde viñan uns sons moi raros que escoitabamos dende o cole.... algo así como "iiiiooooo"!!!

Acompañados por Paco, o conserxe, aventurámonos e...


resultou ser Mariano o que nos chamaba sempre! Un burriño encantador moi amigo dunha cabuxa moi graciosa!



Moito desfrutamos deste paseíño, como mola Mourente!