viernes, 10 de mayo de 2024

FAMILIAS NA ESCOLA

 Nestas semanas , as nosas familias seguen a traernos actividades moi interesantes, coas que os nenos e as nenas están a desfrutar moitísimo.

A familia de Daniela A. propúxonos dar unha pequena volta polo mapa, fomos de Pontevedra a Ansterdan pasando por Valencia. Para facer este percorrido coñecemos o OZOBOT, un pequeno robot moi interesante e con moitas posibilidades.


Tamén, quedaron abraiados co cohe de carreiras que nos ensinou a familia de Sofía G.. Súper interesados en coñecer cada unha das partes do coche e, por suposto, en montar dentro do coche.




Moitas gracias familias por facelo posible.


No hay comentarios:

Publicar un comentario