jueves, 18 de abril de 2024

A IMPORTANCIA DO AFORRO

 Nestes momentos estamos a traballar con céntimos, euros e billetes. E, quen mellor, que un dos nosos papás, para falarnos da importancia do aforro.

Escoitamos moi atentos o conto LA BICI DE LOLA. E, desfrutamos das anécdotas que nos ía contando. Ademais, trouxo unha hucha de porco, cun céntimo, para cada un dos nenos e nenas. 

E, apúntouse a creación das nosas tendas, aportando os nosos propis billetes. 

Chámanse VILAVERDES.






Moitas grazas Toni, por participar con nós e por contaxiarnos o teu bo humor.

Pasámolo fenomenal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario