jueves, 16 de mayo de 2024

Celebración das Letras Galegas!

 Despois dunha semana de actividades ao redor das Letras Galegas, decidimos facer unha celebración por todo o alto: escritura e ilustración dun poema acompañado dun bo anaco de pan "claseiro" :D

O alumnado de 2ºB convidounos a utilizar a súa panificadora e, de paso, aprender un montón de conceptos novos: sólido, líquido, litros, mililitros, gramos...

Que pena que as fotos non teñan olor porque este pan recén feito deixounos un arrecendo espectacular nas aulas! Estaba delicioso!

 

O noso poema será exposto na celebración do día 22 de maio que faremos todo o centro xunto. Moito traballamos nel durante toda a semana, as nosas cabeciñas botaban fume! Pero estamos moi contentas/os co resultado. 

En equipo todo sae (e sabe!) mellor!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario