Nas aulas de segundo somos moi conscientes da loita diaria que representa o cancro.
Por iso e con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL, que se celebra o 15 de febreiro, realizamos a nosa pequena aportación de cara ao coñecemento e concienciación social da importancia de mostrar o noso apoio aos nenos e nenas con cancro , así como a todos os seus familiares.
Dende primeira hora da mañá puxémonso mas a obra para realizar unha árbore chea de mans amigas con mensaxes de ánimo e esperanza.
Seguimos cunha charla moi interesante de Marina, enfermeira do centro de saúde A Parda que nos explicou en que consiste o tratamento contra o cancro, cales son os cambios físicos das persoas con cancro... Tamén lle pedimos que colgase a nosa árbore no seu centro de saúde, así podíamos animar a moitas persoas que se atopan nesta situación.
E, por último , colocamos un lazo dourado da asociación de axuda aos nenos e nenas con cancro para reivindicar a importancia do acompañamento as familias dos nenos e nenas que se atopan nesta situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario